Busca
Na Aldea de Abaixo, no xardín privado pechado que se estende trala casa nº 27.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…
Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións que conforman a Casa de San Xosé.