Panorámica da Cruz do Xiabre
Imaxe: Vanesa Lago Somoza
No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e un banquiño onde poder desfrutar das vistas.
Desde este lugar existen unhas extraordinarias vistas de 360 grados. Pode verse toda a Ría de Arousa, destacando a Illa de Cortegada que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas; tamén se pode apreciar perfectamente todo o núcleo urbano de Vilagarcía de Arousa e tamén a parte máis rural do concello. Ademais, nun día despexado aprécianse os concellos limítrofes (Vilanova de Arousa ou A Illa de Arousa), a Serra do Barbanza coas súas vilas costeiras, as bateas, o río Ulla, Padrón, Caldas de Reis...
- INFORMACIÓN
- Código: VI-MI002
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Panorámicas
- Cronoloxía:
- Concello: Vilagarcía de Arousa
- Parroquia: San Xens de Bamio
- Lugar: Monte Xiabre
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.620398777186 , -8.7392761680468
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.