Cruceiro de Baño

Cruceiro de Baño - Valga - Santa María de Xanza

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta cadrada de dous chanzos. Pedestal de feitío cúbico, coas arestas superiores biseladas e a cara frontal epigrafiada. O varal e a cruz foron engadidos recentemente, pois os primixenios foron destruídos por unha treboada e perdidos os restos. Trátase dun varal de arranque de sección cuadrangular que se converte en oitavada por rebaixe das arestas. Capitel de volutas e cruz figurada por ambos lados.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER042
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa María de Xanza
  • Lugar: Baño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-509)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Setecoros

Peto de ánimas do Pino

Vía crucis da Igrexa de Santa María de Xanza

Cruceiro de San Miguel de Valga