Petróglifo Nº 12 dos Campos

Petróglifo Nº 12 dos Campos - Rianxo - Santa María de Leiro

Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:

- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.

- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).

- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.

- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.

- Posible femia preñada.

- Cervo macho en actitude de bradar.

- Animal con aspecto de felino.

- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.

Este conxunto está formado por tres laxes con gravados das que só se atopan dúas, por estar a outra cuberta de vexetación.

- Laxe 1: mide 2,50 metros (N-S) e 1,35 (L-O). Nela aprécianse tres pequenos cuadrúpedes moi erosionados, duns 15 centímetros.

- Laxe 2: mide 4,70 metros (N-S) e 5,50 metros (L-O). Dúas diáclases divídena en tres zonas: na esquerda, os motivos consisten en dous pequenos círculos formados só por coviñas; na central, aprécianse cinco deseños circulares incompletos, con coviñas centrais; e na dereita, vense dous motivos, un consistente en catro círculos concéntricos con coviña ou coviñas centrais en dúas liñas radiais, e outro en 4 círculos concéntricos incompletos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ028
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Leiro
  • Lugar: Pozos
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072034)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 5 do Monte Picoto

Petróglifo de Abuín

Mámoa Nº 4 da Vacariza

Petróglifo Nº 8 do Monte Pelotiña