Cruceiro de Arretén

Cruceiro de Arretén - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: Elixio Vieites

Cruceiro do tipo de crucifixo, que se eleva sobre plataforma de tres chanzos no que apousenta un pedestal con base cadrada e que forma despois unha semiesfera. O varal arranca de sección cadrada e un pouco máis arriba tórnase circular. Remata en capitel redondo labrado con catro cálices. Enriba del vai unha cruz con cartela, de sección circular e con adornos de nós, coa figura de Cristo, con certa desproporción na talla dos brazos e a cabeza. No reverso a Virxe das Dores cun manto. Peaña redonda que leva unha cara en baixorrelevo e base de tres chanzos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER009
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Iria Flavia
  • Lugar: Arretén
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

    Mundo Diario

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro Nº 2 da Porta dos Mariños

Cruceiro Nº 1 de Cruces

Cruceiro da Pedreira

Calvario de Xoane