Igrexa da Nosa Señora da Mercé

Igrexa da Nosa Señora da Mercé - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Igrexa de estilo barroco, planta de nave con presbiterio destacado e cantaría de granito e cachotaría. Fronte con porta de orellas molduradas e pinche con beiril que, revirándose horizontal, serve de pé á espadana dun só corpo, con pilastras afundidas e grande beiril moi moldurado; remate en triángulo curvo, ao que lle falta beiril e cruz. Presbiterio con arco triunfal de medio punto, sobre pilastras, con fermosa cancela, feita en madeira policromada.

Os veciños de Bandín dependen administrativamente de Padrón, mais eclesialmente pertencen a Barcala (A Estrada). A Romaría da Nosa Señora da Mercé celébrase sempre o 24 de setembro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AR013
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: San Pedro de Carcacía
  • Lugar: Bandín
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    O retablo foi restaurado no ano 2017.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Asociación Cultural "Nosa Señora da Mercé"

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Igrexa de Santa María de Herbón

Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia

Igrexa de Santiago de Padrón

Capela da Piedade