Casa dos Capeláns

Casa dos Capeláns - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: Contrucciones Iglesias Mera

Antiga casa dos capeláns, construída no século XVIII para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da antiga Colexiata de Santa María A Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851. Trátase dunha edificación exenta e enmarcada no recinto da colexiata. Ten dous andares e está construída con grosos muros de pedra e pisos de armazóns de madeira. 

É propiedade da Igrexa, mais está cedida por 60 anos ao Concello de Padrón. Foi rehabilitada no ano 2018. Desde aquela, a edificación segue agardando que se lle asigne algún uso.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pazo da Torre do Monte

Casa reitoral de San Pedro de Carcacía

Calexa do Castro

Casa da Grela