Campo do Souto

Campo do Souto - Padrón - Santiago de Padrón

Desde a Idade Media celébrase o mercado, onde se vendían e venden todo tipo de mercadorías. Este espazo estaba reservado para o mercado de vacún, mular e cabalar. O mercado de porcos foi traladado á Porta do Reloxo por cuestións de salubridade e polas queixas veciñais.

En 1609, Jerónimo del Hoyo, cardeal de Compostela, escribiu sobre as feiras de gando que se celebraban durante a Pascua: “chegando a elas todo xénero de mercadorías, e gandos, que ían  mercar mercadores casteláns e portugueses, para a provisión das súas terras”.

Espazo orixinariamente con pavimento de terra e cun gran número de árbores, principalmente carballos (Quercus robur) e plátanos de sombra (Platanus x hispanica).

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AC014
  • Outras denominacións: Devesa do Souto de Fondo da Vila
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: O Souto
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Actualmente o pavimento é de asfalto, cun número moi reducido de árbores que permanecen da plantación orixinaria. Ademais da construción da piscina ou do centro de saúde, as podas e actuacións que sofre o arboredo, fai que o número de exemplares descenda aínda máis.

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Domingo de mercado en Padrón en 1988 | CRTVG

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Escola da Escravitude

Casa-Museo de Rosalía de Castro

Casa das Cunchas Nº 2 de Pedreda

Escola de Iria