Casa de Camoiras

Casa de Camoiras - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Casas de indianos no lugar de Manselle que deu forma á novela "Pensa Nao" de Anxo Angueira. Manselle era denomonida "A Aldea rusa" nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcionaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus habitantes.

O texto que segue a continuación foi extraído do libro “Pensa Nao”, escrito por Anxo Angueira.

A Casa de Camoiras ten por diante do seu engado sobresaliente a galería de formigón e moi acristalada por toda a fachada do leste nos dous altores, un pequenísimo xardín embaldosado con dous cadros de malva e chuchamel e unha camelia no medio. O xardín ten unha fonte singular: contra da beira murada do norte pingan dunha bóveda en seixos pingueiras obre o paraugas dun home de cimento, comesto de laicos liques, que non se sabe de quen é. As pingueiras esvaran polo paraugas e can cunha enorme cunha de vieira. As tres ras verdes do pequenísimo alxibe semicircular da base zurrichan contra da cuncha. Pecha o mínimo xardín unha grande de ferro fundido negra con seu portal.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa do Brañeiro

Pazo de Hermida

Casa do Concello de Dodro

Casa das Señoritas de Rial