Muíño do Xordo

Muíño do Xordo - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Muíño de grandes dimensións situado sobre a marxe oeste do río Té, ao sur da estrada de Fachán. Está composto por un corpo principal disposto perpendicular ao río, e un volume menor, acaroado á fachada posterior. Construcións de planta rectangular realizadas con muros de cantaría de granito, parcialmente encintados, e cuberta a dúas augas de tella. Ocos alintelados nas fachadas e grande canle paralela ao río que atravesa o volume principal.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que era proporcional á cantidade moída.

Arredor dos muíños desenvolveuse un rico folclore e cultura popular: ditos, refráns, contos e cantigas.... que teñen como protagonistas as xornadas que se pasaban no muíño, xa que eran lugares de conversa e socialización mentres se agardaba a que rematase de moer. Incluso o baile máis típico de Galicia, a muiñeira, ten a súa orixe nos tempos de espera no muíño.

Eu caseime no Araño,

pensando que había pan.

O forno de miña sogra,

cría silvas no verán.

---

Fun ao muíño con Paula,

fun ao muíño con ela.

Ela durmiu nos meus brazos

eu durmín nos brazos dela.

---

O muíño de meu pai,

non é muíño, é convento.

Os casados para fóra,

os solteiros para dentro

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA055
  • Outras denominacións: Muíño do Monte de Dorna
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Monte de Dorna
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (M-020)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Roteiro Ambiental polo río Té (paneis informativos)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Abuín de Rego

Lavadoiro de Buía

Fonte de María Dis

Muíño de Pastoriza