Muíño do Campo da Ponte

Muíño do Campo da Ponte - Rianxo - Santa Baia do Araño

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que era proporcional á cantidade moída.

Arredor dos muíños desenvolveuse un rico folclore e cultura popular: ditos, refráns, contos e cantigas.... que teñen como protagonistas as xornadas que se pasaban no muíño, xa que eran lugares de conversa e socialización mentres se agardaba a que rematase de moer. Incluso o baile máis típico de Galicia, a muiñeira, ten a súa orixe nos tempos de espera no muíño.

Eu caseime no Araño,

pensando que había pan.

O forno de miña sogra,

cría silvas no verán.

---

Fun ao muíño con Paula,

fun ao muíño con ela.

Ela durmiu nos meus brazos

eu durmín nos brazos dela.

---

O muíño de meu pai,

non é muíño, é convento.

Os casados para fóra,

os solteiros para dentro

  • INFORMACIÓN
  • Código: Sen definir
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: As Miráns
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Roteiro Ambiental polo río Té (paneis informativos)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño da Laxe de Abaixo

Muíño da Pontella de Abaixo

Muíño de Calvo

Fonte da Praza