Fonte e lavadoiro dos Xufreus

Fonte e lavadoiro dos Xufreus - Rianxo - Santa Baia do Araño

Conxunto de lavadoiro e fonte situados nun extremo da praza central fronte á Escola de Buía. Fonte de cantaría de granito, composta por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto coa data de construción da fonte (1852). Pía a rentes do chan e un pequeno mesado semicircular sobre un pé de granito acaroado a un lateral. Lavadoiro de planta rectangular con muro perimetral de cachotaría de granito e pedras de lavar de recente construción nun dos lados maiores.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA004
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1852
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Baia do Araño
  • Lugar: Os Xufreus
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-004)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro de Suigrexa

Fonte da Revolta

Muíño de Tarrano

Fonte do Muíño de Burés