Fonte da Laxe Pequena

Fonte da Laxe Pequena - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Jose Maria Otero Castro

Fonte de pedra situada sobre un cruce de camiños entre os lugares de Outeiro e A Laxe. Está formada por unha peza rectangular de cantaría incrustada nun muro, con cornixa superior moldurada. Cano central enmarcado nun círculo tallado baixo unha inscrición co nome da persoa que a mandou construír (Recuerdo de V. Beade), coa data de construción da fonte (1920). Pía rectangular frontal, delimitada por tres lousas de granito.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA102
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1920
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: A Laxe Pequena
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-031)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Vicente Castro Rial

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Té de Abaixo

Muíño dos Caseiros

Muíños do río do Pazo

Fonte de Abuín