Petróglifo Nº 8 dos Campos
Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:
- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.
- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).
- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.
- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.
- Posible femia preñada.
- Cervo macho en actitude de bradar.
- Animal con aspecto de felino.
- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.
Este conxunto está formado por dúas laxes con gravados, aínda que a segunda presenta motivos non prehistóricos.
- Laxe 1: atópase gravemente alterada debido á acción do lume e á extracción de pedra. Mide 13,10 metros (L-O) e 5,10 metros (N-S), e na actualidade só se aprecian gravados na parte suroeste da laxe, e están illados por unha diáclase. Os motivos consisten en catro cérvidos esquemáticos paralelos e opostos. Na esquina SO apréciase un cérvido do tipo 1 de Peña Santos (1979, 39) do que resulta difícil distinguir a cabeza e os cuartos traseiros. A 5 metros, no mesmo afloramento, vese unha dobre cruz.
- Laxe 2: os gravados son marcas de toponimia recentes. Podería tratarse de demarcacións de termos parroquiais.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AQ024
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Idade do Bronce
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Leiro
- Lugar: Pedreira
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072030)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.648886948751 , -8.8017261939544
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.