Mámoa Nº 3 do Monte Picoto

Mámoa Nº 3 do Monte Picoto - Rianxo - Santa María de Asados

Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).

Este túmulo de pequenas dimensións e baleirado no seu interior, aínda que se poden apreciar algúns ortostatos, posiblemente da cámara. Mide 16,20 metros no eixo NO-SL e 15,90 metros no NL-SO. Ten unha altura de 0,80 metros. Presenta burato de violación central de 3,30 metros (N-S) e 2,70 metros (L-O), e ten unha profundidade de 1,20 metros.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ061
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Burés
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Nalgunhas mámoas realizáronse traballos arqueolóxicos entre os anos 70 e principios dos 90. Na actualidade atópanse moi deterioradas. Algúns destes túmulos están deteriorados ou destruídos por causa da construción da pista forestal. Un deles presenta un burato de violación moi amplo, de forma que se pode apreciar a cámara. A 8,40 metros do túmulo abriuse unha pista.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072067)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 7 do Monte Pelotiña

Petróglifo Nº 4 de Abuín

Petróglifo Nº 2 dos Mouchos

Petróglifo Nº 5 do Monte Pelotiña