Estela do Araño

Estela do Araño - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Álvaro Pérez Vilariño

A Estela do Araño, reutilizada nunha sepultura tardía, foi descuberta en 1907 na finca “Erbal de Codesal”, situada a 300 metros da estrada N-550, no camiño vello de Asados. Na actualidade está depositada no Museo de Pontevedra.

Atopouse rota en tres partes, non obstante, consérvase íntegra. Na metade superior, que consta dun frontón curvo, aparece unha figura masculina estante que suxeita no ombro esquerdo un recipiente. Viste túnica curta e pernas e pés nus, apóianse nunha dobre arcada superposta. Na parte inferior, a inscrición ten carácter cursivo nalgunhas liñas e está moi mal executada. Trátase dunha estela mixta, entre xeométrica e antropomórfica.

A inscrición, moi borrosa, semella dicir isto: “DIVS (sic por dibus) M S / POSINEIV / FILIA SV(o) / CONIVG(i) / DOIRAV / ANNOR(um) / XXX STTLE(vis) / PIVS IN[suis]”.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 2 do Toural

Petróglifo de Burés

Mámoa Nº 2 de Cuncha Vieira

Petróglifo do Monte Lioira