Pesqueiras do Furado e da Caseta

Pesqueiras do Furado e da Caseta - Padrón - San Pedro de Carcacía

As pesqueiras ou lampreeiras remóntanse á época romana e aínda hoxe se conservan esas antigas artes de pesca. Explotounas o Cabido de Iria até o século XX. Na actualidade pertencen aos veciños do lugar. A concesión para pescar lampreas nas pesqueiras do Ulla ten a súa orixe nun documento datada do século IX que na actualidade está en poder da familia Lago de Herbón, quen no seu día foi interpretado por un frade do Convento dos Franciscanos.

Están formadas por grandes bloques, máis ou menos cuadrangulares, de pedras de moi variados tamaños. As que mellor se conservan cruzan practicamente todo o río, soportando extremas correntes de auga. As súas dimensións varían, mais a media é de 3 metros de alto por 2 de lado e outros 2 de ancho. Están aliñadas en perpendicular ou oblicuas á corrente, cruzando case todo o río, agás unha gran corrente central que se chama “vena” e que queda libre de trampas. Aos ocos que hai entre os bloques, chámanselle “boquetes” ou “pasillos”, e é o lugar onde se arman os aparellos de pesca.

As pesqueiras de Carcacía teñen as subdenominacións Carcacía-Lapido na beira norte e Carcacía na sur. As Pesqueiras do Furado en Carcacía-Lapido e as Pesqueiras da Caseta en Carcacía, teñen ambas 3 “pescos” e 2 “pasillos”. En todas as pesqueiras, os propietarios montan unhas casetas onde pasan a noite para efectuar labores de vixilancia. Adoitan ser construcións rústicas de madeira ou plásticos, salvo a desta pesqueira que está escavada na rocha.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro de Cortiñas

Fonte e lavadoiro do Vilar

Fonte e lavadoiro da Porta dos Mariños

Pesqueiras da Trapa