Fonte e lavadoiro do Acheiro

Fonte e lavadoiro do Acheiro - Catoira - San Miguel de Catoira

Estamos diante dunha fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece empotrado nun edículo de cantaría. Sobre o cano, que deita auga nun vaso de granito de sección poligonal, figura un epígrafe coa seguinte inscrición "JAM 1949". O lavadoiro dispón dun conxunto de laxes inclinadas (algunha das orixinais desaparecida) que se sitúan a 0,50 m de altura.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AA081
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1949
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: O Acheiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na fonte mantense unha inscrición fascista, incumprindo a lexislación vixente.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_130) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Don Paco

Muíño Nº 1 da Rapeira

Lavadoiro da Baiuca

Muíño do Fondego