Busca
Vivenda no lugar de Pedreda que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil
Edificación hoxe desaparecida, inaugurada no ano 1952. Emprazábase onde na actualidade está o edificio da Cafetería As Torres. Construída cunha estrutura aberta, con reixa, para conseguir unha boa ventilación e evitar posibles malos cheiros.
Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil
Pía bautismal do século XVIII onde foron bautizados o 20 de xullo de 1871 Ovidio e Gala (Ovidio Emmanuel e Gala Blanca Eleonora) Murguía Castro, os fillos xemelgos de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, nados nas Torres de Hermida en Lestrobe, o día 2 do mesmo mes.
Colocada…
Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos
Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións que conforman a Casa de San Xosé.