Busca
Hórreo no lugar do Monte de Dorna.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Hórreos
Hórreo no lugar do Monte de Dorna.
Rianxo - San Salvador de Taragoña | Hórreos
Hórreo de comezos do século XX que forma parte do conxunto do Pazo de Rianxiño. Trátase do hórreo máis longo do mundo (24,70 metros), construído integramente en pedra.
Baseamento de muros de cachotaría e cámara rectangular de grandes dimensións apoiada sobre trece pés de…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Hórreo situado sobre o muro de peche dunha parcela con fronte á rúa Roxelio Pérez, preto do cruce da rúa Fincheira.
Plataforma de muros de cachotaría e cámara rectangular de cantaría de granito con tornarratos perimetral e cornixa superior moldurada. Cuberta a dúas augas de tella e sobrepenas de granito, coroadas por lampións no vértice e pináculos de diferentes formas…
Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos
Cheminea construída en ladrillo, cunha altura duns 15 metros aproximadamente, de forma cónica. Localizada na Praia da Torre, pertencía a un antigo serradoiro, posteriormente reconvertido a fábrica de flotadores de batea.