Busca
Coñecida popularmente como Fonte das Pozas, estamos diante dunha fonte de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado case a ras do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil popular. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría de recente factura.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Estamos diante dunha fonte de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de sección rectangular instalado recentemente. Á beira dos canos, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría…
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de deseño popular. Entre ambos elementos un beiril voado. Á beira do cano, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura.
A escasos 5 metros da fonte localízase un lavadoiro contruído en 1967.