Busca
A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Foi fundada no ano 1970 por Manuel Cortizo Valladares e dedícase á fabricación de todo tipo de candeas e candeóns de alta calidade para uso relixioso. Ao inicio eran traballos basicamente manuais, mais pouco a pouco foise automatizando o proceso de fabricación.
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos
Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial
Hórreo no lugar do Campanario.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Hórreos
Hórreo no lugar do Campanario.
Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Hórreos
Hórreo no lugar do Campanario.