Busca
Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Lavadoiro no lugar de Brión, situado ao carón da estrada DP-3301 desde a que se accede mediante unhas escaleiras.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga
Lavadoiro construído en formigón na década nos noventa do século pasado. As pedras de lavar son de cantaría lisa, cun pequeno rebaixe cadrado para deixar o xabón. Accédese a el mediante unhas escaleiras, tamén de formigón, pois foi construído nun nivel inferior para poder aproveitar as augas da fonte.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Lavadoiro situado nunha das marxes do rego do Pico.
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga
Ruínas dun muíño eléctrico “moderno” localizado na aldea da Vacariza. Foi construído nunha mestura de cantaría e ladrillo. Xa non conserva o tellado, mais aínda se observa algunha moa e parte da maquinaria.
Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga
Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar de Tras da Veiga, na aldea da Vacariza.