Busca
Pequena pontella atravesada polo Camiño do Rego.
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
Pombal de planta circular, situado no lugar de Freixeiro.
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
Palco da música de planta octogonal e 1 metro de altura e que se levantou en granito no campo da festa da parroquia de Dimo. O palco, ao que se accede a través dunha escalinata fixa de catro chanzos labrada en pedra, aparece protexido no seu perímetro cunha varanda metálica e presenta uns entrepanos ornamentais de sección rectangular en cada un dos seus alzados.
Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil
Pombal de planta circular, situado no lugar das Rañas.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil
Pombal de planta circular, situado no lugar de Tras da Veiga.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Esta ponte levantouse sobre o río do Batán para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso pola parroquia de Abalo. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como no peitoril e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar.
Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma o peitoril, a…
Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil
Pontella levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme.
Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil
Pombal de planta circular, situado no lugar do Outeiriño, cun diámetro interior de 2,55 metros, unha altura até a cornixa de 3,55 metros e uns muros cun grosor de 80 centímetros.
Este pombal pertencía aos terreos dos Moure (familia con moitos terreos), aínda que agora é do banco. Sitúase illado…
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Tamén coñecida como a Ponte da Venduda, trátase dunha pontella levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como nas súas cepas centrais e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.