Busca

Amosando 169 - 192 de 3806 resultados da busca.

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de deseño popular. Entre ambos elementos un beiril voado. Á beira do cano, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura.

A escasos metros da fonte localízase un lavadoiro de factura relativamente recente…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte, en orixe, de dobre cano (na actualidade deita auga por un único conduto) que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por debaixo do nivel do chan e embutido nun muro de contención. Destaca o asento de granito que percorre todo o ancho da cavidade que acolle o manancial.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

A Fonte do Pazo é unha fonte dun único cano que se insire nun artístico esteo de cantaría situado á beira do rego do Souto da Vila. Inmediato á fonte, un lavadoiro cun vaso labrado en granítico. Este, de planta cadrada, aparece cuberto e permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta de obra que non se adapta ás condicións ambientais da contorna.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Fonte tradicional de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría, situado lixeiramente por debaixo do nivel do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental a modo de capia de borde moldurado.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Fonte tradicional de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por debaixo do nivel do chan. De sinxela factura, o acceso ao depósito orixinal faise por medio dun treito de escaleiras executado en material prefabricado. O perímetro da fonte aparece protexido por unha varanda de ferro de recente factura.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

A Fonte da Veiga é unha fonte dun único cano que se insire nun artístico esteo de cantaría situado á beira do lugar de Gondar. Inmediato á fonte, un lavadoiro cun vaso labrado en granítico. Este, de planta cadrada, aparece cuberto e permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta a catro augas gorecida por tella curva do país.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Catoira - San Mamede de Abalo | Hórreos

Catoira - San Mamede de Abalo | Hórreos

Catoira - San Mamede de Abalo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo labrado integramente en cantaría.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Hórreo mixto, levantado en pedra e madeira.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Hórreo que forma parte do conxunto de edificacións da Finca de Patiño.


Catoira - San Mamede de Abalo | Hórreos

Hórreo singular de tres claros erixido sobre cepas de cantaría de grande altura que pertence a unha tipoloxía mixta, isto é erguido en pedra e madeira. Nun dos alzados penais lemos: "VIVA JESUS Y MARIA / AÑO 1856 / ESTA OBRA SE HIZO POR D. Frco / ANTº FERNz Y SUMr Frca YSORNA". Máis arriba, no frontón triangular: "POR EL MRº ANTº CAEIRO".


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos