Busca

Amosando 337 - 337 de 337 resultados da busca.

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de deseño popular. Entre ambos elementos un beiril voado. Á beira do cano, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura.

A escasos 5 metros da fonte localízase un lavadoiro contruído en 1967.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga