Busca

Amosando 1801 - 1804 de 1804 resultados da busca.

Fonte dun único cano que se insire nun muro de cantaría carente de calquera tipo de ornamentación. De sinxela factura, a auga do manancial verte directamente sobre un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. Ao pé do vaso localízase un edículo ornamental que acolle un segundo cano no que se gravou o ano da súa construción: 1963. O conxunto aparece…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Coñecida popularmente como Fonte das Pozas, estamos diante dunha fonte de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado case a ras do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil popular. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría de recente factura.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Estamos diante dunha fonte de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de sección rectangular instalado recentemente. Á beira dos canos, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de deseño popular. Entre ambos elementos un beiril voado. Á beira do cano, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura.

A escasos 5 metros da fonte localízase un lavadoiro contruído en 1967.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga