Busca
Lavadoiro de planta cuadrangular construído ao redor de 1977, de cemento e cunhas dimensións de 3,40 metros de longo e 40 centímetros de fondo. Antes da súa construción existía un remanso de auga onde se lavaba a roupa, auga que chegaba até aquí mediante unha canle desde A Codeseira.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Fonte natural nas aforas do lugar de Rialiño.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Pedra indicadora dos quilómetros das estradas, actualmente usada como fonte.
Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga
Pontella levantada sobre o rego San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.
Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil
Na ribeira do rego de San Cibrán, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.
Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga
Fonte localizada na rúa da Estación, datada nos anos 1962-1963 e construída con ladrillos e material cerámico.
Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga
Pontella sobre o río da Arregañada, ao carón do Muíño de Riba.
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Pontella sobre o río da Arregañada, ao carón do Muíño Tellado.
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de da cuberta en fibrocemento.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría.
Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga
Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.
A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…