Busca
A Eira de Traxeito é un espazo comunitario dedicado, no seu tempo, ás labores de malla do trigo, avea ou centeo que se gardaba nos hórreos que a rodeaban e que se conservan tres, aínda que un deles en moi mal estado. Foi restaurada polo Concello de Dodro no ano 2010 coa colocación de pedra no seu chan e uns bancos de pedra para desfrute dos veciños. Actualmente é utilizada polo Concello para a realización de actividades culturais.…
Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Conxunto de tres hórreos ou cabaceiros de tamaño medio erixidos sobre pés e cepas de cantaría que pertencen a unha tipoloxía mixta (2) e labrados integramente en pedra (1). Trátase dunha versión canónica da comarca caldense, característico por presentar cámara rectangular de estrutura pétrea pechada por táboas de madeira ou fiadas de granito horizontais regulares, que lle conceden unha estilizada proxección vertical. Entre a soleira e a cámara un conxunto de pés e cepas,…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Hórreo que forma parte do conxunto de edificacións da Finca de Patiño.
Catoira - San Mamede de Abalo | Hórreos
Hórreo singular de tres claros erixido sobre cepas de cantaría de grande altura que pertence a unha tipoloxía mixta, isto é erguido en pedra e madeira. Nun dos alzados penais lemos: "VIVA JESUS Y MARIA / AÑO 1856 / ESTA OBRA SE HIZO POR D. Frco / ANTº FERNz Y SUMr Frca YSORNA". Máis arriba, no frontón triangular: "POR EL MRº ANTº CAEIRO".
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Construído na década de 1950, substituíu a un hórreo de pedra e claros de madeira que se conserva parcialmente no patio da vivenda. O novo hórreo conservou a soleira de pedra (que fai as veces de lintel do portalón de entrada), mais utilizando materiais prefabricados, levantou unhas paredes e unha cuberta de nova factura que lle permite almacenar na súa cámara un maior volume de cereal.