San Xoán Vello de Bamio

San Xoán Vello de Bamio - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Imaxe: Proxecto Louceiros de Bamio

Preto do Aghuadeliño, nun lugar chamado O Monte do Ceo, estaba o San Xoán Vello. Esta igrexa non é coñecida nos libros nin figura en ningún catálogo oficial do Concello de Vilagarcía de Arousa. Nin os máis vellos lembran o edificio en pé, mais algúns saben que nese lugar estaban as ruínas e os terreos que aínda conservan ese nome. A lenda conta que a aquel templo vello primeiro caéralle o teito, e logo estragáranse as paredes, e así foi como o santo quedara espido e sen abeiro. Por iso montárono nun carro tirado por un par de bois xunguidos que comezaron a camiñar libremente pola aba do monte en dirección a Bamio. E cando chegaron ao San Xoán, pararon, non se sabe porqué nin porque non. E onde o carro parou, ergueuse a actual capela.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela de San Xoán de Bamio

San Xoán Vello de Bamio

Igrexa de San Xens de Bamio

O Campanario