Cruceiro Nº 1 de Vilar

Cruceiro Nº 1 de Vilar - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Cruceiro do tipo de capeliña. Elemento de valor histórico-cultural singular por tratarse do único cruceiro de capela documentado no Concello de Valga. O seu baseamento ten planta rectangular. Está formado por dous chanzos. Non ten pedestal. O varal é de ampla sección e está estruturado en dous bloques. O arranque e remate é de planta cuadrangular e o desenrolo do corpo oitavado. Presenta restos epigráficos. O capitel cumpre a función de ser a base da capeliña, adoitando un feitío basto a xeito de tronco de pirámide invertida. A capela consiste nunha caixa cúbica coa fronte aberta e as paredes rectas. No seu interior atopamos a imaxe exenta da Virxe co Neno. A cruz é de feitío latino, con sección octogonal. No anverso móstrase a escena da Crucifixión. O reverso é liso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER018
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XVII
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
  • Lugar: Vilar
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-223)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Casa do Sisto

Cruceiro de San Miguel de Valga

Cruz das Laceiras

Cruceiro do Forno