Cruceiro de Casanova

Cruceiro de Casanova - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Cruceiro do tipo de desencravo, co baseamento de planta cuadrangular formado por tres chanzos. O pedestal é de feitío cúbico. Varal monolítico de base rectangular e desenrolo posterior oitavado en progresivo estreitamento ascendente. O capitel ten feitío troncoprismático invertido. A cruz é de tipo latino, con sección ortogonal por rebaixe das arestas laterais, aínda que cos lados desiguais. Anverso amosando a escena do desencravo de Cristo, a única documentada en Valga. O reverso amósanos unha Piedade.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER011
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1728
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
  • Lugar: Casanova
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-213)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz de Ferreirós

Virxe co Neno do Souto

Cruceiro da Gándara

Cruceiro de Desabanda