Mámoa da Trema

Mámoa da Trema - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

Localizada durante un traballo específico nesta zona, segundo descrición dos autores da intervención mencionada, a mámoa tería unha altura de 1 metro e unhas dimensións cifradas en 24 metros de diámetro, con buraco de violación central de 4 metros de diámetro e 40 centímetros de profundidade.

Na superficie da masa tumular que conforma a mámoa, poden apreciarse abundantes pedras de granito, de tamaño pequeno e mediano, e que poderían corresponder con restos dunha coiraza pétrea. Non se observan indicios de cámara.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ036
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico-Idade do Bronce
  • Concello: Valga
  • Parroquia: Santa Comba de Cordeiro
  • Lugar: A Trema
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Achaiamento e esparexemento da masa tumular, debido ao traballos forestais da zona. Uns 4 metros do arco setentrional aparecen destruídos, debido ao paso dun camiño por este punto. Pola beira sur do túmulo discorre actualmente unha pista asfaltada. Buraco de violación central duns 5 metros de diámetro.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-35: GA36056018)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    O Noso Patrimonio

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Santa Comba

Petróglifo do Alto da Porteliña

Castro dos Vilares

Mercado dos Mouros