Praia de Tanxil

Praia de Tanxil - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Turismo de Galicia

Esta praia é a máis visitada de Rianxo na actualidade, cunha lonxitude duns 370 metros, separada da Praia de Quenxo polo Dique de Baltar.

Tanxil configúrase como un espazo que aínda garda a forma e o sabor de principios de século, até non fai moito presidido pola Virxe da Guadalupe de Asorey. Foi inspiración de numerosos autores rianxeiros como Castelao e Rafael Dieste. Tanxil é un espazo máxico, que alentou historias de aparicións como as do “porviso” e a do “urco”. Figuras fantasmagóricas que utiliza Rafael Dieste na súa peza teatral “A fiestra valdeira”, e recollidas da boca da xente.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cabo de Quintáns

Enseada de Rianxo

Praia do Agriño

Enseada de Seveira