Cruceiro dos de Rego

Cruceiro dos de Rego - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Óscar Franco

Cruceiro e  da tipoloxía de crucifixo e peto de ánimas situado sobre o camiño principal de Ourolo.

O cruceiro nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cadrada e moldurada dá paso a un varal de sección octogonal que destaca por ter no seu inicio as imaxes de Adán e Eva coa Serpe. Máis arriba o capitel, con volutas e rostros de querubíns. Finalmente a cruz, de sección cilíndrica con nos, na que se poden ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre peaña con rostro de querubín no reverso.

O peto de ánimas consta dunha representación de cinco ánimas sobre unha pedra con remate en arco de medio punto.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER122
  • Outras denominacións: Cruceiro e peto de ánimas dos do Rego
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Ourolo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-108)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Fachán

Cruceiro da Igrexa de San Salvador de Taragoña

Cruceiro de Pantel

Cruceiro do Pepón