Cruceiro de Veiga

Cruceiro de Veiga - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

En Somoza de Abaixo, cruceiro de plataforma e pedestal cuadrangulares, este último moi moldurado e con gran escocia; fuste octogonal con estremos cadrados, capitel cuadrangular con volutas, follas, querubíns e cunchas, astrágalo liso e ábaco de lados curvos e vértices chafranados; cruz de sección octogonal; Cristo crucificado bendicindo con ambas mans, pergameo de INRI e pano de pureza anoado cunha corda; Virxe orando coas mans en cruz sobre o peito sobre unha peaña.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER032
  • Outras denominacións: Cruceiro de Somoza
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Somoza
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-032)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Fonte

Cruz das Miráns

Cruceiro Nº 2 de Traba

Cruz do Vía Crucis do Calvario