Cruceiro de Souto

Cruceiro de Souto - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Óscar Franco

Conxunto de cruceiro da tipoloxía de crucifixo e peto de ánimas situados á beira do camiño principal do núcleo de A Burata.

Plataforma de dous chanzos cadrados. A súa base cúbica coas arestas rematadas en chafrán posúe unha inscrición no que aparece o ano da súa construción, e di o seguinte:

“A DEVOCION DE

FRANCISCO TU

BIO Y LU

CIANO

DE CAS

TRO”

O seu varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe diferentes relevos que representan os símbolos da Paixón: martelo, tenaces e escada. O seu capitel aparece decorado con volutas, follas e querubíns. Finalmente a cruz, de sección octogonal con remates en flor, no que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe cunha espada cravada no peito e sobre peaña de querubín no reverso.

O peto de ánimas está feito con pedra granítica, de tipo aberto. Na parte inferior aparece o caixón das esmolas, hoxe sen porta. Na parte superior vese a representación de seis ánimas entre as lapas do Purgatorio, todas elas nunha pedra con forma ovalada. O peto tamén ten unha inscrición, aínda que moi erosionada e pouco lexible.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER123
  • Outras denominacións: Cruceiro da Burata
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1848
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: A Burata
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-110)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Lagarteira

Cruceiro da Mámoa

Cruceiro de Brión

Cruceiro de Suigrexa