Fonte e lavadoiro de Suigrexa

Fonte e lavadoiro de Suigrexa - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Asociación para a defensa do Patrimonio Galego

Conxunto de fonte e lavadoiro situado ao lado do Cruceiro da Fonte, sobre un dos accesos principais do lugar de Suigrexa. Lavadoiro de planta rectangular de granito, acaroado a un muro baixo o cal discorre a canle desde a fonte. Cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira, apoiada sobre piares de granito. Fonte composta por un volume prismático de granito e unha peza superior de remate semicircular con inscrición. Consta de dous canos e pía rectangular a rentes do chan.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA009
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Suigrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-009)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Burés

Muíño de Té de Arriba

Muíño de Lodeiros

Muíño do Pozo de Lemos