Fonte e lavadoiro de Rianxiño

Fonte e lavadoiro de Rianxiño - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Asociación para a defensa do Patrimonio Galego

Conxunto de fonte e lavadoiro situados sobre a estrada principal de Rianxiño, nun lateral da finca do Pazo de Rianxiño.

Fonte de dous canos acaroada ao muro, con corpo central de cantaría dividido por tres semipilastras e cornixa superior moldurada. Pía rectangular delimitada por dúas lousas de granito.

Lavadoiro exento de planta rectangular formado por grandes pezas de granito con lousa inclinada perimetral. Canle de granito que parte do interior da finca do pazo, acaroada a un lateral da fonte.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA115
  • Outras denominacións: Fonte e lavadoiro do Pazo de Rianxiño
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Rianxiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-026)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño do Regueiro

Fonte e lavadoiro da Senra

Muíño da Súa Presa

Fonte de Brión