Casa Adelaida

Casa Adelaida - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Óscar Franco

Edificación do casco histórico de Rianxo, de planta rectangular e dous andares, do século XVIII.

O volume orixinal que ocupaba a esquina completa da cuarteirón, foi dividido posteriormente en dúas vivendas, unha con fachada á rúa da Praciña, e outra á Ribeira. Está resolta con muros de cantaría de granito e cuberta amansardada de tella, que substitúe á orixinal, común ás dúas vivendas. Fachada principal con acceso en planta baixa mediante portón alintelado de madeira baixo o escudo da familia. Fiestras de dúas follas de carpintería de aluminio, de ocos de sección cadrada en planta baixa e rectangular no piso superior. Fachada lateral cun só oco central no segundo andar. Cornixa perimetral de granito moldurada.

  • INFORMACIÓN
  • Código: Rúa da Praciña/Paseo da Ribeira
  • Outras denominacións: Casa dos Aranga
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Rúa da Praciña/Paseo da Ribeira
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-051)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Escola do Vilar

Escola da Vacariza

Escola de Quintáns

Escola da Capela