Mámoa Nº 10 do Monte Picoto

Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).
Este túmulo mide 14,30 metros no eixo NO-SL e 12,90 metros no NL-SO. Ten unha altura de 1,10 metros. Presenta un burato de violación central que mide 3 metros (NL-SO) e 2,70 metros (NO-SL), cunha profundidade de 0,40 metros. Non se aprecian restos da cámara.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AQ084
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Neolítico
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Asados
- Lugar: Burés
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Atópase afectado debido ás plantacións de piñeiros. Así a súa parte NO está arrasada polo paso de maquinaria agrícola.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072092)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.694026454181 , -8.7569113898036
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.