Mámoa da Espiñeira

Mámoa da Espiñeira - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Túmulo situado nun rechán do espolón, en dirección NO, do Monte da Pena.

Está case destruído debido ás labores forestais, especialmente ás plantacións de piñeiros e eucaliptos. A súa parte O está arrasada debido á construción dunha pista de terra. Mide 17,10 metros no eixo NO-SL e 15,70 no eixo NL-SO, cunha altura de 0,50 metros. Presenta un burato de violación central que mide 5,10 metros (NO-SL) e 4,80 (NL-SO), cunha profundidade de 1,50 metros.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ126
  • Outras denominacións: Mámoa do Alto do Corniño
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Rianxiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072018)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 6 dos Campos

Petróglifo do Pazo de Rianxiño

Castro de Foxacos

Mámoa Nº 1 de Cuncha Vieira