Igrexa de San Pedro de Carcacía

Igrexa de San Pedro de Carcacía - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Igrexa de planta rectangular, máis ampla na zona da cabeceira, muros de cantaría de granito, tellado a dúas augas e cuberta de tella. Na fachada a porta principal vai decorada nas xambas. Esta aparece con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta, flanqueada por pilastras caixeadas que sosteñen unha moldura dupla, que fai ás veces de entaboamento. A cornixa sobresae máis notablemente, e sobre ela descansan dous pináculos nas esquinas e unha fornela con teito de bóveda en forma de cuncha de vieira, e flanqueada por pilastras onde está a figura de San Pedro. Enriba dela unha fiestra cadrada dá luz ao interior do templo. No cume da fachada hai unha pequena cruz de pedra e na esquina superior esquerda un pináculo de bóla. A torre do campanario elévase no lado dereito sobre unha base con adorno de cornixa voada con pináculos nas esquinas. Corpo principal con catro vans rematados en arco de medio punto para aloxar as campás. Superposto a este aparece un pequeno corpo de planta octogonal no que se apoia unha cúpula que acaba en pináculo de bóla.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa do Eremita

Igrexa da Nosa Señora da Mercé

Capela do Pazo de Arretén

Igrexa de Santa María de Rumille