Pesqueiras do Prateado

Pesqueiras do Prateado - Padrón - Santa María de Herbón

Imaxe: POL (Plan de Ordenación do Litoral)

As pesqueiras ou lampreeiras remóntanse á época romana e aínda hoxe se conservan esas antigas artes de pesca. Explotounas o Cabido de Iria até o século XX. Na actualidade pertencen aos veciños do lugar. A concesión para pescar lampreas nas pesqueiras do Ulla ten a súa orixe nun documento datada do século IX que na actualidade está en poder da familia Lago de Herbón, quen no seu día foi interpretado por un frade do Convento dos Franciscanos.

Están formadas por grandes bloques, máis ou menos cuadrangulares, de pedras de moi variados tamaños. As que mellor se conservan cruzan practicamente todo o río, soportando extremas correntes de auga. As súas dimensións varían, mais a media é de 3 metros de alto por 2 de lado e outros 2 de ancho. Están aliñadas en perpendicular ou oblicuas á corrente, cruzando case todo o río, agás unha gran corrente central que se chama “vena” e que queda libre de trampas. Aos ocos que hai entre os bloques, chámanselle “boquetes” ou “pasillos”, e é o lugar onde se arman os aparellos de pesca.

As Pesqueiras do Prateado contan cun gran “boquete” central. Ten 5 “pescos” e 4 “pasillos” nunha beira, e 6 “poios” con 5 “pasillos” na outra.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Lavadoiro do Campo da Barca

Fonte do Pazo do Barco

Fonte e lavadoiro de Xoane

Lavadoiro de Extramundi de Arriba