Fonte do Santuario da Escravitude

Fonte do Santuario da Escravitude - Padrón - Santa María de Cruces

Imaxe: Xandlinathry

Localizada no interior da escalinata do Santuario da Escravitude, construída en cantaría de granito. A escalinata é de dous treitos independentes en escaleira imperial, cos chanzos con beiril. O peitoril de balaústres composteláns e pilastras nos arrinques e nos relanzos, con pináculos adornados con volutas, de tipo piramidal.

Segundo a lenda, a finais do século XVI o párroco de Cruces mandou colocar no lugar, enriba da fonte, unha imaxe da Virxe co Neno, en agradecemento aos favores recibidos da santa. Anos despois, xa no século XVIII, un home enfermo que se dirixía a Santiago para pedir curación da súa hidropisía, bebeu da fonte situada baixo a escalinata do adro, curándose ás 72 horas sen tratamento médico algún. O home, agradecido, dixo a seguinte frase que lle dou o nome o santuario: “Grazas, Virxe, que me libraches da escravitude do meu mal”. Máis adiante, a igrexa comezou a construírse cun carro de bois que o agraciado doou para levantar o edificio.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AA005
  • Outras denominacións: Fonte Santa
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Cruces
  • Lugar: A Escravitude
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

    Daniel Seijas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro de Casal

Fonte e lavadoiro do Vilar

Muíño Nº 5 de Xoane

Fonte da Ermida do Santiaguiño do Monte