Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado nun extremo dunha finca privada.

Fermoso exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura, servindo de peche da finca. Os soportes son cinco cepas de pedra. Os dous gabinetes máis austrais están pechados con madeira, con porta de madeira no lateral oeste. O gabinete máis setentrional non está pechado, e o segundo está pechado con cemento, con porta de madeira no lateral oeste. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, e unha porta de madeira no lateral oeste en cada claro, con excepción do claro norte, que tería a porta frontal do penal. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra, faltándolle a porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita e tella do país por riba. No interior conserva as trabes de madeira. Só conserva un remate, un bico ou pináculo cuadrangular rematado nunha gran bóla. Orixinariamente tiña cruz, pero caeu. Orientado ao N.

No 2010, a filla dunha das actuais propietarias di que debe ser antigo, aínda que non pode precisar a cronoloxía exacta. A súa aboa recorda o hórreo cheo de millo até arriba. Hai uns anos o quixeron arranxar, mais por problemas técnicos non o puideron facer. Dataría de finais do século XIX ou comezos do XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO064
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Vigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, abandonado. A cubrición e a madeira están en mal estado de conservación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 51)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Vigo

Hórreo de Paizal

Eira da Lavandeira de Imo (11 hórreos)

Hórreo de Pexegueiro