Cruceiro de Basoco

Cruceiro de Basoco - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Nunha pequena lomba ao borde dunha estrada secundaria, nun cruce.

Cruceiro do tipo de crucifixo, de granito e formigón. Mide 1,80 metros de ancho e unha altura total de 4,20. O baseamento é cuadrangular con tres gradas, aínda que actualmente están cubertos de vexetación. O pedestal é cúbico, rematado nun toro. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e octogonal no resto. Ten unha imaxe dun santo na parte superior. O capitel é troncopiramidal invertido, de formigón. A cruz é de sección rectangular, de formigón. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara a dereita, coa mans abertas; con coroa de espiñas, pano de pureza sen nós, INRI (cartela), de formigón. No reverso hai unha Virxe en actitude de orar coas mans sobre o peito, de formigón.

Ten máis de 100 anos (a base a o fuste). Parece que nos anos trinta un ciclón derrubou a súa cruz de pedra.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER007
  • Outras denominacións: Cruceiro de Bazoco ou Cruceiro de Sar
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Sar
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, con capitel e cruz de cemento.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-07)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Dodriño

Cruceiro de Alfredo

Cruceiro do Naval

Cruceiro da Paxareira