Muiño Vello ou de Lelo

Muiño Vello ou de Lelo - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Eduardo Rivo

Construción de planta rectangular con estrutura de muros de cachotaría irregulares, cuberta a dúas augas e canle elevada rematando no cubo que subministra a auga ao rodicio. A canle de pedra transcorre ao longo de 40 metros por riba dun muro de contención feito de pedra de cantaría que nalgún lugar pode superar os 4 metros de altura, para levar a auga do río de Manselle até o cubo do muíño. Destacan as escaleiras cos chanzos de pedra para subir á canle e o acceso á parte traseira da finca por debaixo da canle elevada.

Foi construído en 1927 por un indiano orixinario de Manselle emigrado a Arxentina que, xunto con outros, fixeran da aldea unha das máis avanzadas da época e que co golpe de estado fascista tiveron que volver para o país americano. Estivo en uso até a década de 1960 aproximadamente.

Esta construción, na novela “Pensa Nao” de Anxo Angueira, era o muíño de Camoiras, personaxe inspirado no construtor deste edificio.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño Pontello

Lavadoiro de Tarrío

Muíño Nº 2 de Bustelo

Fonte de Manselle