Muíño da Sorralleira

Muíño da Sorralleira - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Concellería de Cultura, Patrimonio, Turismo e Medio Ambiente | Concello de Dodro

Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada, onde hai un conxunto de oito muíños de auga, mais só este funciona. Foi restaurado no ano 2022 pola propietaria Isabel Soñora. O muíño, que ten documentada a súa existencia desde 1936, aínda que é máis antigo, é o único que funciona de todo Dodro. Ademais de rehabilitar as pezas en mal estado, tamén se identificaron, de xeito que o interior semella agora un museo etnográfico dedicado ao muíño.

Trátase dunha construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate da cuberta en tella do país.

Historia ten tamén o propio muíño, de xeito que o seu primeiro titular regaloulle as ruínas do mesmo a dous caseiros da aldea a cambio de que mantiveran a eira limpa. Deste xeito, no ano 2005 a familia Liberto de Teaio, que é así como se coñece a casa natal de Isabel, mercou unha metade e no Nadal pasado fixo o mesmo coa outra, polo que a veciña xa se puxo coa restauración completa do elemento, que “nunca deixou de moer”.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte e lavadoiro de Sar

Fonte Murillas

Muíño Nº 3 de Bustelo

Fonte de Pexegueiro