O valo de Manselle
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Os veciños do lugar de Manselle traballaron durante dous anos na construción dun valo de contención para facer practicable un campo de xogos localizado en terreos comunais que a concentración parcelaria convertera nun vertedoiro de lixo. Manselle era denomonida "A Aldea Rusa" nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcionaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus habitantes. Anxo Angueira dedicoulle aos veciños o seu poemario "O valo de Manselle" de 1996, que comeza así:
E fano eles.
E van todos os da aldea, aos sábados, todo o día.
E van mulleres e rapaces.
E eu vino e é un valo que lle randea o aquel.
E fano eles.
E un pon a luz prá formigoneira
e outro a auga prá porla
e outro o tractor pra iren buscar ao monte a pedra,
que é de pedra.
E todos pon as mans e o lombo.
E eu vino e o valo é moito valo, o valo de Manselle.
E fono e colleno e xuntánose coma antes prás restevas
e prás mallas.
E ninguén os mandou nin os acode.
Fano eles.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-AC011
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: 1995
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: Manselle
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Non
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.730895728779 , -8.7169209315104
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.